domingo

Un poema de Branca Novoneyra

Ó CAER A TARDE

PASARÁN ano cheos
de lenes calafríos
nas pequenas esperas
trazarei coordenadas
Camiñarás ó caer a tarde
e estarei esperta
Ó erguerme descansarás
desaparecerán os pasadelos
os estremecementos gardados
Non sentirei a agulla
introducíndose no costado
e escoitarei a túa voz
como agora escoito
os berros que me rodean

Perderei a expresión máxima
e sabéndoa abandonada
distraereime en cortas imaxes
para non perdelas
Mentres camiñes
ó caer a tarde
estarei esperta


Branca Novoneyra - Dentro do labirinto (Espiral Maior, 2009).

(As grazas a P.S. polo agasallo...)