domingo

"A realidade é poesía"

Hay gente buena que se acerca a ti y te habla de poesía, de autores que están cerca pero no conoces, y llegan y te regalan varios libros de poetas nuevos para ti. Y esto lo digo con algo de vergüeza, porque varios son autores consagrados. Me pasó hace unos días: Julio me regaló unos cuantos libros de poesía gallega. Entre ellos descubrí a Marta Dacosta, y entre sus versos hay un poema que leo y releo desde entonces (gracias de nuevo, Julio):

O poeta di
que a realidade é poesía,
que baixo cada lousa hai un poema,
que na guerra e nos himnos hai poesía,
a poesía dos vencidos, a do pobo.
Eu concordo e repaso
as palabras do poeta
e vexo a poesía no silencio de mañá,
que recende aínda a café con torradas,
no golpear dos dedos sobre o teclado gris,
no son de fondo do televisor aceso
que nos mente ou non conta
tanto sangue vertido polas rúas do mundo,
o derradeiro pranto dun neno en Palestina,
o berro desa nai que cae derrubada
dunha explosión de dor
no centro de pobreza.

poesía dos vencidos,
poesía do pobo,
ou como traducir tanta dor e loucura
que quere ser palabra que repare as feridas,
permanecer acesa no fondo da memoria
para saír á voz como lava que arde.


Marta Dacosta - Acuática Alma (Espiral Maior, 2011).